mércores, 13 de febreiro de 2019

venres, 22 de xuño de 2018

Fin de curso!

Isto acabouse!
Non esquezades visitar a web do cole onde poderedes atopar a revista O Muíño e ver o vídeo da festa de fin de curso onde o pasamos de marabilla.
Agora...

venres, 8 de xuño de 2018

Tod@s a mercar!

Que xornada tan xenial!
Despois de preparar durante días unha lista da compra axeitada ao gusto de tod@s, 1º e 2º acudimos a un supermercado de Arbo para conseguir uns ricos alimentos para elaborar unha merenda moi nutritiva.
Xamón, queixo, tomate, leituga, melocotóns, plátanos... De todo!!!
Foi moi divertido pagarlle as caixeiras con diñeiro de verdade... cortar, pelar... XENIAL!!


xoves, 17 de maio de 2018

O DÍA DAS LETRAS!

Despois de investigar na biblio e na Internet sobre os libros e a vida de Mª Victoria Moreno decidimos realizar traballos distintos cada grupo.
Así de chulo nos quedou!



martes, 15 de maio de 2018

O DÍA DA FAMILIA

Como cada ano, o día 15 de maio festexamos o Día da Familia.
Esta vez elaboramos un bonito marco con cartón e cartolina no que poder expoñer unha foto das persoas máis importantes da nosa vida.
Custaron moito traballo pero mereceu a pena!!
Facede click para ver o vídeo!
https://1drv.ms/v/s!ApF2wDC854pXgUIYafDKstuQDSGA

domingo, 29 de abril de 2018

Día do libro.

Un curso máis, para conmemorar o Día do libro, organizamos no patio do colexio unha actividade de animación a lectura. 
 Os alumnos dos cursos superiores convertéronse en padriños e madriñas por un día dos máis pequenos para compartir historias contadas por eles mesmos. 
Con esta actividade preténdese principalmente a mellora dos diversos contidos da lectura, pero ademais contribuirá a desenvolverr as relacións interpersonais dos alumnos do centro e o acercamento entre nenos de idades diferentes.

luns, 23 de abril de 2018

Día do libro

Como cada ano, o 23 de abril celebramos o DÍA DO LIBRO. Es un día simbólico para la literatura mundial ya que ese día en 1616 fallecieron Cervantes, Shakespeare e Inca Garcilaso de la Vega.
Para aprender algo sobre a historia de Cervantes e o seu famoso Don Quijote, premede nas imaxe!
http://nea.educastur.princast.es/quixote/index2.htm


http://engalego.es/curso/lim/23_de_abril_dia_del_libro1/23_de_abril_dia_del_libro.html